Soluciones digitales para la gestión integral de eventos

Merchandising personalizado para o teu evento

Vasos, copas e pulseiras LED coa túa marca, pensados para que o teu evento se recoñeza en cada recuncho do festival ou concerto. Dúas liñas de produto que podes combinar ou pedir por separado, segundo o que necesite o teu público.

Vasos e pulseiras LED coa túa marca para reforzar a identidade do teu evento.

Traballamos con dúas liñas de produto complementarias: vasos e copas reutilizables, personalizados co teu logotipo para que a túa marca estea presente en cada brinde; e pulseiras LED, que engaden un elemento visual e interactivo que acompaña o público durante concertos, festivais e eventos nocturnos. 

Ambas as solucións personalízanse con prazos de entrega adaptados ao teu evento e cun equipo creativo que te acompaña durante todo o proceso de deseño e produción.

Entradas vendidas
+ 0 M
Eventos organizados
+ 0 K
Artistas
+ 0 K
CIDADES
+ 0

Escolle como queres personalizar o teu evento

Soluciones digitales para la gestión integral de eventos
cashless Ouren Sound Fest 2026

Vasos e copas personalizadas

Vasos e copas reutilizables, personalizados coa túa marca. Ideais para festivais, concertos e eventos corporativos que buscan diferenciarse.

Soluciones digitales para la gestión integral de eventos
cashless Ouren Sound Fest 2026

Pulseiras LED

Pulseiras luminosas que sincronizan a cor e o movemento co teu evento, creando un efecto moi visual para o público en directo.

Colaboramos con marcas para ti

Colaboradores para tu evento
Colaboradores para tu evento
Colaboradores para tu evento
Colaboradores para tu evento

Algunha dúbida?

Preguntas frecuentes

O prazo depende do deseño e da cantidade que necesites, pero como referencia adoitamos entregar en aproximadamente 20 días desde que confirmamos o deseño. Sempre intentamos adaptarnos á data do teu evento.

Podes personalizar co teu logotipo, o nome do evento ou unha identidade gráfica propia, con impresión a unha tinta, a dúas tintas ou a toda cor. O noso equipo creativo axúdache a adaptar o deseño a cada formato (vaso, copa ou pulseira).

Si, é unha das combinacións máis habituais: os vasos reforzan a marca nas barras e zonas de consumo, mentres que as pulseiras LED engaden impacto visual na pista e nos momentos clave do espectáculo.

O mínimo varía segundo o produto e o tipo de personalización escollida. Cóntanos o número aproximado de asistentes ao teu evento e confirmarémosche as cantidades e os prazos no orzamento.

Enche o formulario da páxina ou o de contacto indicando o tipo de evento, o número aproximado de asistentes e que produtos che interesan, e o noso equipo enviarache unha proposta á medida.

Máis servizos para a xestión completa do teu evento

Las pulseiras LED dan moito xogo por si soas, pero combinadas co resto de ferramentas de Woutick! podes cubrir cada fase do evento, desde a venda de entradas ata o control de quen entra e que consume dentro do recinto.

Soluciones digitales para la gestión integral de eventos

Todo nun, no teu peto

Ademais de iluminar o recinto, o teu público pode pagar nas barras, nos food trucks e nos puntos de consumo desde a mesma pulseira ou desde unha app cashless. Dúas experiencias, un único asistente conectado á túa marca.

SIMPLIFICA A VENDA DO TEU EVENTO

Antes de programar unha soa pulseira, necesitas xente na sala. Con woutick xestionas a venda de entradas para eventos presenciais, en streaming ou híbridos desde un único panel.

Soluciones digitales para la gestión integral de eventos

INVITADOS, STAFF E ACREDITACIÓNS

As entradas predeterminadas admiten distintos formatos segundo o tipo de evento: podes usar a versión móbil, xerar acreditacións ou engadir o teu propio deseño para que reflictan a identidade da túa marca.

Ademais, podes enviar invitacións, acreditacións ou preventas en cuestión de minutos, sen perder en ningún momento o control sobre quen accede ao recinto.

O TEU EVENTO, CO TEU SELO

Reforza a túa marca e mellora a experiencia do asistente con vasos, copas e pulseiras LED reutilizables. Axudámosche a definir formatos, personalización e loxística para que cada detalle encaixe co teu evento.

Cóntanos que necesitas e prepararémosche unha proposta para a túa produción.

Woutick +

"*" indicates required fields

This field is for validation purposes and should be left unchanged.

Responsable de los datos: woutick.proFinalidad de los datos: Enviar información y comunicaciones comerciales. Derechos: Los usuarios pueden limitar, recuperar y borrar su información en cualquier momento.

Política de privacidad*