Pulseiras LED sincronizadas para eventos e concertos
Ilumina o teu evento e fai que o público forme parte do espectáculo.
Coas pulseiras LED de woutick! podes converter cada asistente nun punto de luz sincronizado co que acontece no escenario. Ti decides as cores e os patróns, e nós encargámonos de que todo funcione desde o primeiro minuto, xa sexa nun concerto ou nun festival.
POR QUE ELIXIR AS PULSEIRAS LED DE WOUTICK?
woutick! é a opción de referencia para organizadores que buscan darlles un toque distintivo aos seus eventos con pulseiras LED personalizadas. Centos de organizadores confiaron en nós para sincronizar e personalizar pulseiras LED ao ritmo do seu evento.
SINCRONIZACIÓN POR ZONAS
Programa ata 20 grupos de pulseiras para iluminar cada área do recinto con cores e patróns distintos, todo desde un mesmo control.
DESEÑO PERSONALIZABLE
Escolle a cor da carcasa e da pulseira de tea, e engade o teu logo para que cada pulseira fale da túa marca.
ILUMINACIÓN ATA 8 HORAS
Unha batería pensada para aguantar toda a noite, desde a primeira ata a última canción.
AO RITMO DO TEU EVENTO
As pulseiras acompañan a música e os momentos clave do espectáculo, creando efectos que conectan o público co escenario.
PULSEIRAS LED PERSONALIZABLES, REUTILIZABLES E LISTAS PARA CALQUERA EVENTO
Ofrecemos pulseiras LED pensadas para volver usarse evento tras evento, non para tiralas ao final da noite. A carcasa funciona con pilas substituíbles e a pulseira de tea, totalmente axustable, aguanta perfectamente varias sesións sen perder comodidade.
Ademais, podes vestir tanto a carcasa como a banda de tea co teu logo e as túas cores, mantendo a imaxe da túa marca desde que o asistente a pon ata que sae do recinto. Ao final, unha pulseira non é só un accesorio de luz: é o primeiro contacto real entre o teu público e o teu evento.
- Control por frecuencias, ata 20 grupos simultáneos
- Carcasa e tea personalizables co teu logo
- Ata 8 horas de autonomía
- Pulseiras reutilizables, pensadas para durar
- Efectos sincronizados coa música do evento
DA IDEA Á PISTA EN 5 SEMANAS
Cóntanos como é o teu concerto ou festival e nós encargámonos do resto: deseño, programación e entrega a tempo.
1. CÓNTANOS O TEU EVENTO
Dános a data, o aforo e o tipo de espectáculo. Con esa información comezamos a preparar o teu pedido.
2. DESEÑAMOS A TÚA PULSEIRA
Definimos xuntos o deseño das pulseiras: cor da carcasa, tea e o teu logo.
3. PROGRAMAMOS AS SECUENCIAS
Configuramos o controlador coas cores e os grupos que vas usar a noite do evento. Un só botón acende todo o recinto á vez.
4. ENTREGA E SOPORTE
En aproximadamente 5 semanas terás as túas pulseiras listas para o envío, con pila incluída, e un equipo dispoñible para acompañarte durante o evento.
O TEU ESCENARIO, AS TÚAS REGRAS
Configura cada zona do teu recinto coa cor e o patrón que queiras, no momento exacto que decidas. Combina ata 20 grupos distintos de pulseiras para crear unha posta en escena completa, sincronizada co que acontece enriba do escenario.
Ideal para festivais con varios espazos, concertos con momentos clave marcados pola luz, ou eventos corporativos nos que queres que toda a sala mire cara ao mesmo sitio. Ti decides que se acende, cando e como.
PERSONALIZACIÓN E DESEÑO
Traballamos contigo desde o primeiro bosquexo: cor da carcasa, tecido da banda e logo impreso nela. Entre os dous definimos que secuencias e tons precisa o teu espectáculo, para que encaixe igual de ben nun festival que nunha gala de empresa.
Ocupámonos de cada detalle de fabricación, desde o número de LEDs ata o tipo de peche, adaptándoo ao aforo e ao estilo do teu público.
Algunha dúbida?
Preguntas frecuentes
Canto duran as pulseiras LED?
Case 8 horas de uso continuo, o que cobre sen problema un concerto, un festival ou calquera evento corporativo dunha soa xornada.
Podo poñer o meu logo e marca?
Si, a pulseira de tea axústase facilmente e admite o teu logo, as túas cores ou calquera deseño que queiras imprimir nela. A carcasa tamén pode levar o teu deseño personalizado.
Como se controlan as pulseiras LED durante o evento?
Mediante un sistema de frecuencias que actúa como un mando a distancia central. Desde aí actívanse as cores e os patróns de cada grupo, sen que o público teña que facer nada.
Necesito coñecementos técnicos para manexalas?
Non. O equipo configúrase antes do evento xunto cos nosos técnicos, e o día do espectáculo só hai que lanzar as secuencias xa programadas.
Podo sincronizar as pulseiras coa música?
Si, é un dos usos máis habituais. Pódense programar patróns que acompañen o ritmo do espectáculo ou marcar momentos concretos do setlist.
As pulseiras alúganse ou cómpranse?
Véndense, non se alugan. Iso dáche liberdade para decidir se o público as leva de recordo ou se prefires recuperalas ao final do evento.
Cantas cores ou efectos distintos podo usar á vez?
Pódense programar ata 20 grupos simultaneamente, así que podes iluminar cada zona do recinto dun xeito diferente no mesmo instante.
Que diferenza hai entre unhas pulseiras LED e unhas de escuma ou silicona?
As de escuma ou silicona adoitan ser dun só uso e sen programación. As nosas son dispositivos reutilizables, con controlador propio e capacidade para xerar distintos patróns de luz.
Colaboramos con marcas para ti
Máis servizos para a xestión completa do teu evento
LAs pulseiras LED dan moito xogo por si soas, pero combinadas co resto de ferramentas de Woutick! podes cubrir cada fase do evento, desde a venda de entradas ata o control de quen entra e que consume dentro do recinto.
Todo nun, no teu peto
Ademais de iluminar o recinto, o teu público pode pagar nas barras, nos food trucks e nos puntos de consumo desde a mesma pulseira ou desde unha app cashless. Dúas experiencias, un único asistente conectado á túa marca.
SIMPLIFICA A VENDA DO TEU EVENTO
Antes de programar unha soa pulseira, necesitas xente na sala. Con woutick xestionas a venda de entradas para eventos presenciais, en streaming ou híbridos desde un único panel.
ILUMINA O TEU PÚBLICO CON WOUTICK!
Pulseras LED
"*" indicates required fields